1. A saia tinguida de loito: O alumnado de 4º de ESO de Relixión Católica realizou un doloroso pero necesario exercicio de realidade: a investigación de datos e a posterior elaboración de esquelas co nome das mulleres asasinadas por violencia de xénero durante o ano 2025. Con estas composicións volveuse vestir a saia da Balteira na entrada do instituto, funcionando coma un memorial físico, visible e de repulsa colectiva contra a lacra machista.
2. Zapatos vermellos: Coa colaboración do persoal docente e non docente do centro, o vestíbulo do Mendiño converteuse nunha gran fosa funeraria: á Balteira, cuxa saia estaba formada polas esquelas, púxose no centro e rodeouse de tantos pares de zapatos vermellos ou tinxidos de vermello coma se fosen pingueiras de sangue como mulleres asasinadas ata o 25 N, ademais de tres pares de zapatos de crianzas. Cada par de zapatos levaba o nome da súa dona.
5. No marco da materia de Proxecto Competencial do curso de 1º da ESO, adicaron o primeiro trimestre á intervención de imaxes mediante a técnica do bordado. Así, o alumnado escolleu imaxes que representasen diferentes estereotipos de xénero e, bordándoas, deulles un novo sentido. Como exemplos a personaxe Mulan vestida de princesa, que pasou a ser unha superheroína; Rapunzel, que pasou de ser rescatada a rescatadora do príncipe na torre ou Heman, personaxe de cómic destacado polas súas habilidades físicas que agora tamén se encarga das tarefas do fogar, cambiando a súa espada por unha vasoira.
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)









