Esta proposta xorde da necesidade de revisar os relatos clásicos que perpetúan roles de xénero estereotipados e asimétricos: personaxes femininos definidos pola beleza, carentes de ambicións e con necesidade de ser rescatadas fronte a personaxes masculinos asociados obrigatoriamente á acción, á forza, ao exercicio do poder…
A actividade dividiuse en varias fases:
1. O alumnado, organizado en grupos, levou a cabo unha lectura e análise crítica de diversos contos tradicionais ("Cenicienta", "Blancanieves", "La Bella Durmiente", "Caperucita Roja", etc.).
2. A continuación, elaborou unha nova redacción do
conto tradicional. Estas dúas fases foron realizadas en varias sesións na clase
de Lingua Castelá.
3. Creouse un soporte visual para as novas historias
supervisado pola docente de Plástica.
Esta actividade foi desenvolvida polas docentes Alicia Pazos Otero (Lingua Castelá) e Susana Ferradás Otero (Debuxo).
Na imaxe elixida para esta entrada desfrutamos do cadro "Dos niñas leyendo" de Renoir.




Ningún comentario:
Publicar un comentario